Thursday 16 de May de 2024

Os profesores da Escola de Música de Oroso ofrecerán mañá xoves un concerto de jazz e música galega no centro cultural de Sigüeiro


O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá mañá xoves 26 de xaneiro, ás 20:00 horas, un concerto especial a cargo dos profesores da Escola de Música de Oroso. Un evento de entrada libre e de balde, aberto a todos os veciños e veciñas do municipio.

O director da Escola de Música de Oroso, Juan Salgueiro, adianta que “os profesores da Escola de Música interpretaremos unha selección de estándares de jazz e, ademais, a profesora de violín e canto, Ruth García, deleitará aos presentes coa súa voz e con temas que incluirán a música galega”. Ademais da mencionada Ruth García, tamén actuarán Juan Ramón Salgueiro á guitarra, Álvaro Trillo na batería, Óliver Cano na frauta traveseira e Pablo Pérez no contrabaixo.

Esta actuación está enmarcada no conxunto de actividades que a Escola de Música de Oroso organiza anualmente en colaboración co Concello de Oroso. Por iso, Salgueiro insiste en que “está dirixida non só aos usuarios da escola, senón tamén a todos os interesados en gozar da boa música”.